top of page

PROCESO

Publicación de vídeo cuadrado 1080x1080

A XOGAR!

 

A primeira actividade proposta consiste nun xogo de concurso. As regras son moi sencillas:

Ofrécese unha pregunta con catro posibles respostas (a, b, c, d), das cales só se pode elexir unha. Serán, en total, oito preguntas relacionadas coa materia de clase, así que seguro que as respondedes rápidamente. aínda así, tedes case 1 minuto para cada pregunta, pero estade atentos! 

  Se vos fixades, tedes tamén tres bonos de axuda durante todo o xogo que podedes utilizar (só unha vez cada un): 50:50, puntuación x2 e tempo extra. Seméllase moito aos concursos televisivos.

juego de concurso.JPG
XOGO DE CONCURSO

1.

SOPA DE LETRAS
sopa de letras.JPG

2.

 

 A segunda actividade que propoñemos, creada tamén con wordwall, é unha sopa de letras. Como toda sopa de letras, ofrécense uha morea de letras na pantalla que agochan diferentes termos relacionados coa temática a traballar (cambio climático). Tedes que encontrar as palabras para superar a proba, polo que non vos despistedes!

VERDADEIRO
OU FALSO
verdd.JPG

3.

 

A terceira actividade é moi sencilla, simplemente tedes que indicar se as afirmacións que se fan sobre o cambio climático son verdadeiras ou falsas. A xogar!

AFORCADO
Captura de pantalla (39).png

4.

A cuarta actividade trátase dun xogo que seguro que case todos e todas coñecedes, o aforcado, que consiste en dicir letras para formar unha palabra e salvar ao monigote (lembrade que cada letra correcta achegarao á salvación e cada erro poñerao en perigo). Pero, coidado, esta vez hai unha dificultade extra, xa que as palabras que tedes que formar están en ingles. Ánimo!

5.

wallame.png
REALIDADE AUMENTADA

Nesta última actividade, para comezar,  entregarémosvos un folio cunha serie de definicións relacionadas coa temática do cambio climático para coñecer novos conceptos empregando ao mesmo tempo a realidade aumentada! 

 

A actividade será levada a cabo no patio da escola

Cada grupo terá as definicións en diferente orde, e coa aplicación teredes que orientarvos e buscar as palabras correspondentes ás definicións que se encontran agochadas.

 

Finalmente, cando vaides descubrindo cada palabra, debedes anotala no folio ao lado da súa definición e escribir en qué lugar do patio a encontrástedes.

Veña! A ver quén remata antes!!

bottom of page